Data e hora: 26 de febreiro de 2021 ás 20:10 horas
Lugar: Salón de Plenos
ASUNTOS DA CONVOCATORIA
A) Parte resolutiva
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior celebrada o 10 de decembro de 2020.
2. Expediente 111/2021. Delegación na Deputación provincial de Pontevedra - ORAL da fase instrutora do procedemento sancionador nas multas de tráfico.
3. Expediente 324/2019. Melloras da rede de abastecemento de auga potable en distintos lugares do concello de Valga. Subvencións solicitadas a outra administración.
4. Expediente 95/2021. Aprobación do convenio de colaboración marco para a encomenda de xestión do Obradoiro de Emprego "Ulla-Umia VI" ao Concello de Moraña.
5. Expediente 96/2021. Aprobación do convenio de colaboración marco para a encomenda de xestión do Obradoiro de Emprego "Xóvenes Valga-Moraña II" ao Concello de Valga.
6. Moción do grupo municipal PSdeG-PSOE sobre a creación dunha liña de axuda aos sectores afectados polas restricións sanitarias.
7. Moción do grupo municipal PSdeG-PSOE demandando un incremento das achegas da Xunta de Galicia ao Servizo de Axuda no Fogar que presta o Concello.
8. Moción do Grupo Mixto - Mareas Locais pola transparencia municipal.
B) Actividade de control
9. Solicitude presentada polo grupo municipal PSdeG-PSOE sobre comparecencia da concelleira de Turismo, Novas Tecnoloxías e Escola de Música co obxecto de dar conta da súa xestión na Escola de Música durante a pandemia.
10. Dar conta dos Decretos de Alcaldía (Art. 42 do ROF)
11. Dar conta ao Pleno do informe sobre a remisión do presuposto municipal relativo al exercicio 2021.
12. Dar conta ao Pleno do informe sobre cumprimento dos prazos de pagamento relativo ao cuarto trimestre de 2020.
13. Dar conta ao Pleno da comunicación do cálculo de pagamento a proveedores relativo ao cuarto trimestre de 2020.
14. Dar conta ao Pleno do informe sobre execución trimestral do orzamento correspondente ao cuarto trimestre de 2020.
15. Mocións de urxencia.
16. Rogos e preguntas.