- Reactívase o empréstito de libros e as aulas de estudo volven a estar activas
- Os centros de lectura de Cordeiro e Valga e a biblioteca Padre Isorna terán un aforo máximo do 30%
Valga, 17 de febreiro de 2021.
As bibliotecas municipais retomaron hoxe a súa actividade unha vez entraron en vigor as novas medidas anti-Covid aprobadas polas autoridades sanitarias. As normas publicadas este luns no Diario Oficial de Galicia permiten a reapertura das bibliotecas sen superar o 30% da súa capacidade.
Deste xeito, as bibliotecas municipais abren de novo ao público con todos os seus servizos activos, tanto a consulta e empréstito de libros coma as salas de estudo. O horario é o habitual.
A biblioteca de Cordeiro e a Padre Isorna, situadas ambas no edificio do Auditorio Municipal, abren os luns e martes de 9:00 a 11:00 e de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas.
A biblioteca de Valga, que se atopa no Edificio de Usos Administrativos, abre os luns, martes, xoves e venres de 10:00 a 13:00 horas. Os luns, martes e xoves tamén presta servizo de 18:00 a 20:00 horas e os venres, de 16:00 a 18:00. Os mércores está pechada.