- O goberno municipal fixo chegar as súas condolencias aos familiares e achegados
- Esta veciña de Reguengo era a segunda muller máis lonxeva de Valga, con 102 anos
Valga, 16 de febreiro de 2021.
O Concello de Valga lamenta o falecemento, durante a pasada fin de semana, de María Josefa Senín Otero, a segunda veciña máis lonxeva de Valga despois de cumprir os 102 anos de idade no pasado verán.
O goberno municipal fai chegar as súas condolencias á familia e aos achegados da centenaria nestes momentos de pesar, máis aínda tendo en conta as circunstancias actuais marcadas pola pandemia.
María Josefa Senín, veciña de Reguengo (Setecoros), cumpriu os 102 anos o pasado 3 de setembro, unha xornada na que foi felicitada polo alcalde, José María Bello Maneiro, que a visitou no seu domicilio para agasallala cun ramo de flores e unha torta.