Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A oficina de Vanesa Regueira Prego, situada na Avenida da Coruña, contará cos kits de saliva

- Poderán participar na campaña persoas de entre 40 e 64 anos de idade

farmacia

Valga, 7 de febreiro de 2021.

Unha farmacia de Valga participa a partir da vindeira semana no programa de detección precoz de novos casos de Covid-19 entre persoas asintomáticas, posto en marcha pola Xunta de Galicia e o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra.

Trátase da oficina de Vanesa Regueira Prego (Avenida da Coruña, 64-66 ), que esta mañá confirmou ao Concello a súa participación na campaña. 

Os profesionais desta farmacia ofrecerán kits de saliva a persoas que formen parte do “grupo diana” establecido polas autoridades sanitarias para esta campaña, e que se trata de persoas con idades comprendidas entre os 40 e os 64 anos.

As mostras serán enviadas ao Laboratorio de Microbioloxía de Vigo, onde se analizarán. Os resultados seranlle comunicados aos participantes e, no caso de que sexa positivo, realizaráselles unha proba PCR de confirmación.

Volver