Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Concello enviará un ramo de flores na súa memoria e o alcalde e outros membros do goberno acompañarán á familia nos actos fúnebres

- Veciña de Beiro, era a terceira muller máis lonxeva de Valga con 101 anos

 

Valga, 13 de febreiro de 2018.

O Concello de Valga lamenta o falecemento, na xornada de onte, de  Mª Carmen Castaño Tarrío, que era a terceira muller máis lonxeva de Valga logo de cumprir os 101 anos o pasado verán. O Concello fai públicas as súas condolencias á familia desta veciña, todo un exemplo de vitalidade.

Como mostra de pesar polo pasamento de Mª Carmen Castaño, o alcalde, José María Bello Maneiro, e outros concelleiros do goberno municipal asistirán hoxe aos actos fúnebres para acompañar á familia e aos achegados nestes tristes momentos e, ademais, o Concello enviará un ramo de flores en memoria da veciña falecida.

María Carmen Castaño Tarrío, veciña de Beiro, cumpriu os 101 anos o 7 de agosto do pasado ano, xornada na que recibiu a visita do alcalde, José María Bello Maneiro, e da concelleira de Cultura, Mari Carmen Castiñeiras, para facerlle entrega dun agasallo de felicitación.

Volver