- Usuarios do CODI, o Coro Infantil, a Banda Peque e o alumando de Música e Movemento actuaron o sábado no Auditorio

- O vindeiro domingo terá lugar o concurso de disfraces no que se repartirán 2.155 euros en premios entre os mellores disfraces

20180212 113751

Valga, 12 de febreiro de 2018.

Valga segue inmersa no Entroido con actividades como o obradoiro de postres típicos que tivo lugar esta mañá no CODI e no que os usuarios puxeron o mandil para elaborar orellas que despois degustaron.

Esta iniciativa forma parte da programación de Carnaval deseñada específicamente para o CODI e que mañá continúa cunha saída a Caldas de Reis para asistir a unha sesión de cine. A pasada semana os usuarios participaron noutro obradoiro no que fixeron as súas máscaras de Peliqueiro e traballaron cunha unidade didáctica sobre as celebracións de Entroido máis senlleiras de Galicia.

Os usuarios do CODI participaron tamén o sábado no Concerto de Entroido que tivo lugar no Auditorio e que, ademais, contou coas actuacións do Coro Infantil, da Banda Peque e do alumnado de Música e Movemento e Linguaxe Musical. Tanto os nenos como moitos maiores acudiron disfrazados ao evento e, unha vez rematado, celebrouse unha degustación de orellas, filloas e outras larpeiradas.

O Entroido en Valga terá a súa gran cita o vindeiro domingo, co desfile de disfraces e comparsas nas inmediacións do Auditorio a partir das 17:30 horas. Repartiranse 2.155 euros entre os participantes: disfraces individuais, parellas e grupos ou comparsas. Serán un total de dezaseis os premios que se outorguen e cada un estará dotado coas seguintes cantidades.

Adultos individuais:

  • 1º Premio: 80 euros
  • 2º Premio: 50 euros

Parellas de adultos:

  • 1º Premio: 130 euros
  • 2º Premio: 60 euros

Comparsas de adultos:

  • 1º Premio: 800 euros
  • 2º Premio: 500 euros
  • 3º Premio: 150 euros

Infantís individuais:

  • 1º Premio: 40 euros
  • 2º Premio: 30 euros
  • 3º Premio: 20 euros
  • 4º Premio: 10 euros

Parellas infantís

  • 1º Premio: 50 euros
  • 2º Premio: 30 euros

Comparsas infantís:

  • 1º Premio: 75 euros
  • 2º Premio: 30 euros

Ademais, o xurado outorgará un premio de 100 euros ao mellor disfraz dun veciño, parella ou grupo de Valga.

As bases do concurso poden verse premendo aquí.

concerto2 concerto1 concerto3 concerto4

Máis fotos do Concerto de Entroido: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.217050812176713.1073741960.131969484018180&type=1&l=aa2b1a6483

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver