- Medio cento de rapaces asistiron ao obradoiro de caretas que tivo lugar na biblioteca de Cordeiro
- O Coro Infantil, a Banda Peque e usuarios do CODI actúan esta tarde, a partir das 21 horas, no Auditorio
Valga, 10 de febreiro de 2018.
As actividades de Entroido coparon o Auditorio durante a xornada de onte. Se pola mañá foi Centro Rural Agrupado o que celebrou a súa festa de Carnaval, pola tarde fixeron o propio o alumando e o profesorado da Escola Infantil Municipal. O festival tivo como temática o mar, cos pequenos disfrazados de peixes, cangrexos e cabaliños de mar.
Xunto ás súas mestras bailaron a canción "Bajo el mar", coa asistencia ademais de moitos pais e familiares. Despois todos participaron nunha merenda con postres e doces títpicos do Entroido e lambetadas para os nenos.
Na biblioteca municipal tivo lugar, pola súa parte, un obradoiro de caretas no que participaron medio cento de rapaces. Pintaron debuxos dos seus personaxes favoritos, recortáronos e decoráronos con purpurina e plumas.
A programación de Entroido continúa esta tarde, a partir das 21 horas, cun concerto a cargo do alumnado de Música e Movemento e Linguaxe Musical da Escola Municipal de Música, dirixidos polo mestre Tomás Rábanos. Tamán actuarán o Coro Infantil e os usuarios do CODI que participan no obradoiro de músicoterapia e Banda Peque. A entrada ao concerto é de balde para todo o público.
Máis fotos do Festival da Escola Infantil: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.216418492239945.1073741958.131969484018180&type=1&l=b47331d251
Mäis fotos do obradoiro de caretas: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.216468782234916.1073741959.131969484018180&type=1&l=8e6a33887e