Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Concello estase a poñer en contacto telefónico con eles para facerlle chegar os datos ás autoridades sanitarias

- Pídese aos que aínda non recibiran esta chamada e queiran facer o test, que contacten coas oficinas municipais para comunicalo

 

Valga, 27 de xaneiro de 2021.

O Sergas realizará nos próximos días un cribado entre o colectivo de autónomos de Valga, atendendo así unha das peticións que lle trasladou o goberno local para tratar de frear os contaxios de coronavirus no municipio.

Despois do cribado realizado nas dúas últimas semanas entre os empregados das principais empresas, o Concello trasladou a Sanidade o seu interese en que esta medida se extendera a outros colectivos sociais, entre eles o de traballadores por conta propia, que serán os próximos en ser citados para a realización das probas PCR.

Persoal municipal estase a poñer en contacto telefónico cos autónomos valgueses para recompilar os seus datos e facerllos chegar ao Sergas. Aínda así, está a resultar complicado contactar con algúns, polo que o Concello pídelle aos autónomos e aos seus traballadores que aínda non recibiran esta chamada e queiran realizar o test de Covid-19, que contacten canto antes coas oficinas municipais (986 55 94 56) para comunicalo.

Tamén se fai un chamamento á prudencia, xa que se trata de datos persoais, polo que se pide que antes de facilitarllos a ninguén se aseguren de que a chamada procede do Concello.

Volver