Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O goberno municipal está xestionando ante o Sergas a realización de máis test entre outros colectivos valgueses

- Mañá entran en vigor as novas medidas aprobadas por Sanidade para reducir os contaxios

covidd

Valga, 26 de xaneiro de 2021.

O cribado realizado nas principais empresas de Valga, que se realizou nas dúas últimas semanas, saldouse cun total de 17 positivos en Covid-19 detectados, segundo os datos transmitidos polo Sergas ao Concello.

Esta medida, que foi xestionada polo goberno local ante o Servizo Galego de Saúde, tiña como obxectivo axudar a reducir a elevada transmisión entre a poboación valguesa. “Era unha medida necesaria para detectar a posibles asintomáticos que estaban a transmitir o virus sen eles sabelo. Hai que en ter en conta que son arredor de 2.000 as familias ás que concentra o sector industrial de Valga”, indica o alcalde.

Os cribados entre o persoal das empresa comezaron na fin de semana do 16 e 17 de xaneiro e continuaron o pasado xoves no Centro de Saúde. Tamén se lle realizaron os tests aos empregados do Servizo de Axuda no Fogar e aos membros da agrupación de Protección Civil, que adoitan estar en contacto con persoas contaxiadas.

“O resultado foron 17 positivos o que leva consigo que se multipliquen os casos, con varias familias afectadas”, engade Bello Maneiro, que anuncia que “estamos xestionando con Sanidade a realización de novos cribados entre outros sectores da poboación. Estamos á espera de noticias neste sentido”.

Mentras tanto, o Concello pide aos veciños que, na medida do posible, limiten os seus contactos ao seu núcleo de convivencia, que eviten saír da casa o máximo posible e só o fagan para cuestións esenciais. Ademais, recorda a obrigatoriedade de usar mascarilla e manter sempre a distancia de seguridade.

Recórdase, por último, que esta medianoite entran en vigor as novas medidas aprobadas pola Xunta de Galicia:

  • Interaccións sociais limitadas a conviventes, agás nas actividades xustificadas
  • Mobilidade reducida ao propio concello, agás cando non quede máis remedio (ir ao traballo, a un centro sanitario ou a un centro docente)
  • Toque de queda: 22:00 horas
  • Peche da hostalería, agás recollida, servizo a domicilio e comedores laborais
  • O comercio esencial (supermercados, farmacias, talleres de vehículos...) seguirá funcionando
  • Comercio non esencial aberto ata as 18:00 horas
  • Deporte restrinxido a individual ao aire libre, no propio concello e con máscara, con peche dos ximnasios
  • Suspéndese a actividade en calquera establecemento cultural ou de espectáculos
  • Seguen interrompidas as visitas aos enfermos nos hospitais, agás nos casos en que o precisen por razóns de dependencia ou coidado de menores
  • As universidades non reanudarán as clases ata o día 8 de febreiro e de 8 a 17 de febreiro serán en liña

covidd

Volver