- A medida afecta aos centros de lectura de Cordeiro e Valga e á biblioteca Padre Isorna
- O servizo de empréstito de libros queda suspendido e as aulas de estudo inactivas
Valga, 21 de xaneiro de 2021.
O goberno municipal decidiu pechar ao público as bibliotecas municipais como unha medida preventiva, debido á situación da pandemia e ao crecemento do número de contaxios no municipio.
Deste xeito, os centros de lectura de Cordeiro, situado no Auditorio Municipal, e de Valga, no Edificio de Usos Administrativos, permanecerán pechados ao público durante un tempo, ata que a situación mellore. O servizo de empréstito de publicacións queda suspendido e as aulas de lectura inactivas. Tamén estarán pechadas ata novo aviso a biblioteca Padre Isorna e a súa aula de estudos.
Con esta medida, o Concello trata de contribuír ao control da pandemia evitando, na medida do posible, contactos innecesarios.