Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os técnicos do Plan Revitaliza comezarán nos próximos días as visitas de seguimento ás vivendas

- As reunións de reparto que estaban convocadas a vindeira semana na Casa da Cultura e en Vilares quedan suspendidas debido á pandemia

CompostaxeCRA1

Valga, 21 de xaneiro de 2021.

O Concello de Valga, a través do Plan Revitaliza posto en marcha en colaboración coa Deputación, xa ten distribuído case 600 composteiros domésticos entre familias do municipio para a reciclaxe dos residuos orgánicos.

A posta en marcha deste sistema máis sustentable de xestión dos biorresiduos está a ser un éxito e o interese xerado entre os valgueses, moi alto, cunha media de entre 25 e 30 composteiros entregados en cada xornada de reparto. Estas reunións, nas que tamén se ofrecen charlas para divulgar a compostaxe entre a poboación, estábanse a celebrar estes días na parroquia de Valga e tiñan previsto trasladarse en breve a Xanza, aínda que a situación da pandemia obrigou a cambiar de plans e a suspender varias das xuntanzas que estaban convocadas. En concreto quedan anuladas as que ían celebrarse a comezos da semana que vén na Casa da Cultura de Valga e en Vilares. Pídese ás persoas que estaban citadas para estes encontros que non acudan. En canto a situación mellore, retomarase o reparto de composteiros.

O que si comezará a vindeira semana son as visitas dos técnicos do Plan Revitaliza ás vivendas nas que xa dispoñen de composteiro para facer un seguimento do funcionamento do programa. Nestas visitas realizarase unha revisión do traballo realizado ata ese momento no composteiro, comprobando a cantidade de residuos aportada e a temperatura acadada no proceso de compostaxe. Tamén se resolverán dúbidas que poidan ter os veciños e ofreceránselle consellos para sacar un maior rendemento aos composteiros.

Ademais destes composteiros domésticos, xa se instalaron en Valga dous centros de compostaxe comunitarios na Avenida da Coruña e na rúa Doutor Oya Salgueiro. A comezos de febreiro está previsto instalar o terceiro no recinto do CEIP Baño-Xanza.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver