Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Lidia, Diana e Antía, de 6ºA, presentaron un traballo baixo o lema “Para vivir e medrar de forma saudable!”

- O certame convocouse para facer reflexionar á mocidade sobre a importancia dun estilo de vida activo e san

DebuxoBaño

Valga, 19 de xaneiro de 2021.

Un grupo de tres alumnas do CEIP Plurilingüe Baño-Xanza vén de proclamarse gañador da primeira edición do Concurso de carteis e vídeos sobre o fomento de hábitos de vida saudables, organizado pola Unidade de Prevención de Condutas Adictivas dos concellos de Valga, Padrón, Dodro e Rois.

O equipo vencedor foi o formado por Lidia, Diana e Antía, alumnas de 6ºA do colexio de Baño, que presentaron o mellor cartel entre un total de nove. O seu debuxo é unha proclama a favor da vida sa e trata aspectos coma o consumo de froitas e verduras, a necesidade dunha boa hixiene ou os xogos tradicionais fronte ao uso abusivo das novas tecnoloxías.

Este certame, que estaba dirixido a escolares de 6º curso de Educación Primaria dos colexios dos catro concellos promotores, foi convocado co obxectivo de facer reflexionar á mocidade sobre a importancia de manter un estilo de vida activo e saudable. Os traballos debían conter ideas positivas e fomentar actitudes persoais, transmitindo unha mensaxe de concienciación social clara a través dun lema que, no caso do cartel gañador, é “Para vivir e medrar de forma saudable!!!”.

As dúas aulas de 6º do colexio de Baño presentaron un total de nove carteis ao concurso con lemas como “Somos o futuro”, “Cóidate” ou “A vida é saudable”. “Cando recibimos a proposta de participar neste concurso pareceunos interesante e aproveitamos para falarlles aos rapaces sobre a saúde, a alimentación sa e a importancia da actividade deportiva”, explica a orientadora do CEIP Baño-Xanza, Bibiana Saborido.

DebuxoBaño1

DebuxoBaño2

DebuxoBaño3

DebuxoBaño4

DebuxoBaño5

DebuxoBaño7

DebuxoBaño8

DebuxoBaño9

DebuxoBaño6

Volver