- Os nenos, aos que acompañaron dúas coidadoras, quedaron abraiados coas figuriñas
- O nacemento pode visitarse solicitando cita previa no teléfono 630 95 25 15
Valga, 18 de xaneiro de 2021.
Un grupo de alumnos de entre Escola Infantil Municipal achegouse esta mañá ata o Belén Artesanal en Movemento para gozar desta montaxe declarada de Interese Turístico de Galicia.
Foron un total de dez os nenos que se desprazaron ata Campaña no autobús do Concello para visitar o nacemento. Estiveron acompañados por dúas coidadoras coas que percorreron todo o Belén fixándose en cada detalle, cada cal máis chamativo para os pequenos. Quedaron abraiados con tantas figuriñas e, especialmente, coa parte da montaxe adicada aos cativos, na que puideron ver a moitos dos seus personaxes de debuxos favoritos.
O Belén Artesanal en Movemento permaneceu aberto ao público durante o Nadal con todas as medidas anti-Covid, recibindo máis de 6.000 visitas. Pechou as súas portas o pasado día 10, pero aínda pode verse ata finais do verán solicitando cita previa a través do número de teléfono 630 95 25 15.