Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os aprendices adquiriron coñecementos básicos en ofimática e aprenderon a traballar de forma autónoma cos ordenadores

- Este proxecto conta coa participación de 16 mozos de Valga e Moraña e terá unha duración dun ano

XovenesInformatica1

Valga, 15 de xaneiro de 2021.

O alumnado do Obradoiro de Emprego Xóvenes dos concellos de Valga e Moraña está recibiron esta semana formación complementaria en alfabetización informática, un módulo cunha duración de dez horas e que se imparte na Aula CeMIT do Auditorio Municipal.

O obxectivo desta formación é que os alumnos conten con coñecementos básicos sobre os conceptos informáticos e se familiaricen cos ordenadores, en concreto que adquiran destrezas básicas en relación ao sistema operativo, que coñezan de xeito práctico as principais aplicacións en ofimática, se inicien en Internet e sexan capaces de traballar de forma autónoma.

A formación impartiuse por separado aos alumnos das dúas especialidades do Obradoiro: oito de albanelería e outros oito de forestais. Ademais, establecéronse diferentes grupos segundo o nivel dos alumnos. Deste xeito, aqueles que carecían de formación anterior en informática recibiron clases de alfabetización básica, mentras que os compañeiros que xa posuían un nivel mínimo realizaron operacións máis avanzadas.

 A técnica municipal responsable da Aula CeMIT, Vanessa Losada foi a encargada de impartir o módulo.

O Obradoiro de Emprego “Xóvenes”, promovido polos Concellos de Valga e Moraña e cofinanciado pola Consellería de Emprego e o Fondo Social Europeo, deu comezo o pasado 16 de novembro e nel participan 16 mozos de entre 18 e 30 anos. Terá unha duración de doce meses e consta de dúas especialidades formativas: forestal e albanelería. Os aprendices recibirán formación teórica e ademais realizarán prácticas consistentes en obras de interese público.

As obras de forestais que están proxectadas en Valga inclúen o acondicionamento de tramos do Camiño Portugués e de diferentes espazos verdes e áreas de lecer do municipio coma o Parque Irmáns Dios Mosquera, a praia de Vilarello, Mina Mercedes, Mina Porto Piñeiro ou o Miradoiro de Beiro, entre outros.

No tocante á especialidade de albanelería, levaranse a cabo obras de mellora en instalacións e recintos municipais coma as pistas deportivas de Beiro, o pavillón municipal de Beiro ou o vello campo de fútbol de Baño.

XovenesInformatica2 XovenesInformatica3Panel Obradoiro Xovenes

 

Volver