Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Vinte alumnos formaranse durante nove meses nas especialidades de forestais e carpintería

- Realizarán obras de dotación de mobiliario público, instalación de varandas e acondicionamento de áreas de lecer

ObradoiroUUV 1

Valga, 11 de xaneiro de 2021.

A delegada territorial da Xunta de Galicia, Luisa Piñeiro, estivo esta mañá en Valga para asistir á inauguración do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia V, que promoven conxuntamente os concellos de Valga e Moraña.

O acto, que tivo lugar nas instalación do Auditorio Municipal, contou tamén coa participación dos alcaldes das dúas localidades, José María Bello Maneiro e José Cela, e do director do Obradoiro, Javier Saso. En representación do Concello de Valga asistiron, ademais, as concelleiras Carmen Gómez, Begoña Piñeiro e Malena Isorna.

Nesta quinta edición do proxecto Ulla-Umia participan un total de vinte persoas desempregadas, dez veciños de Valga e outros tantos de Moraña. Durante os próximos nove meses recibirán formación nas especialidades de forestais e carpintería. As sesións teóricas desenvolveranse no Auditorio, onde ten fixada a súa sede o Obradoiro, e os aprendices tamén executarán traballos prácticos consistentes en obras de utilidade pública.

No caso de Valga, as obras que está previsto executar no marco deste obradoiro son: dotación de mobiliario urbano como papeleiras e puntos de información, reparación e instalación de varandas e outros traballos con madeira no módulo de carpintería; e na especialidade de forestais, traballos de mellora en áreas coma o Camiño Portugués, o Miradoiro de Beiro e outros espazos verdes municipais.

Ao rematar o período formativo, os participantes recibirán un certificado de profesionalidade que favorecerá a súa inserción no mercado laboral. “O mundo laboral está complicado pero, ao mesmo tempo, hai cada vez máis demanda de profesionais formados”, remarcou o alcalde de Valga, que animou ao alumnado a aproveitar ao máximo a oportunidade que lles ofrece este Obradoiro de Emprego. “Ás probas presentáronse máis de 60 persoas e só 20 fostes seleccionados, polo que tendes tamén unha responsabilidade que cumprir”, engadiu.

O rexedor agradeceu á Xunta de Galicia e, en concreto á Consellería de Emprego, a súa aposta por esta acción. “Sen a súa aportación económica”, que ascende a 346.946 euros, “non sería posible”.

ObradoiroUUV 2 ObradoiroUUV 3

ObradoiroUUV 4 ObradoiroUUV 5

ObradoiroUUV 6


boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver