Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Evitar os contaxios, nun momento no que o número de casos vai en aumento, debe ser a prioridade de todos

- Os nenos valgueses puideron ver aos Reis Magos e a Papá Noel nas visitas que fixeron aos centros educativos

ReisMagos2020 baño

Valga, 4 de xaneiro de 2021.

O Concello de Valga decidiu neste Nadal non organizar a Cabalgata de Reis debido á situación de pandemia pola Covid-19 e para garantizar o cumprimento das restricións sanitarias que ten en vigor a Xunta de Galicia.

As circunstancias actuais, nas que medidas coma o distanciamento social son fundamentais para evitar contaxios, aconsellan non celebrar eventos que poidan conlevar algún tipo de aglomeración ou reunión de persoas, sobre todo tendo en conta o aumento no número de casos de coronavirus que se vén producindo nas últimas datas.

O goberno municipal lamenta que os máis pequenos non poidan ver cumprida a súa ilusión de ver aos Reis Magos na Cabalgata, pero nestes momento conter a pandemia debe ser a prioridade de todos os responsables políticos e por iso o Concello quere cumprir ao pé da letra as medidas ditadas polas autoridades sanitarias e non correr ningún risco que poida supoñer máis contaxios.

Os nenos de Valga si tiveron oportunidade de ver tanto aos Magos de Oriente coma a Papá Noel neste Nadal, durante as visitas que fixeron aos diferentes centros educativos do municipio: as escolas unitarias de Campaña, Chenlo, Forno, Xanza, Vilarello e Ferreirós, o CEP Xesús Ferro Couselo, o CEIP Baño-Xanza e a Escola Infantil Municipal. Ademais, tamén se achegaron a saudar, aínda que a distancia, aos usuarios do Centro de Día.

Por outra parte, e como é habitual dende hai anos, o Concello felicitou as festas a todos os valgueses facéndolles chegar aos seus domicilios un calendario do ano 2021 e unha tarxeta de felicitación do alcalde. Nesta ocasión tamén se enviaron en cada sobre dúas mascarillas cirúrxicas e unha terceira de tela. Estas últimas foron elaboradas por costureiras do municipio ás que o Concello agradece de novo a súa colaboración desinteresada.

Volver