Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O sábado actúan no Auditorio xunto ao Coro Infantil, a Banda Peque e o alumnado de Música e Movemento

- O luns de Carnaval desprazaranse ata Caldas de Reis para ir ao cine

codi4

Valga, 7 de febreiro de 2018.

Os usuarios do Centro Ocupacional para persoas con discapacidade de Valga (CODI) están xa inmersos nas actividades de Carnaval.

Dende o luns están a traballar nunha unidade didáctica centrada no Entroido en Galicia e, en concreto, nas celebracións máis senlleiras e tradicionais de cada unha das catro provincias: os Peliqueiros de Laza, os Cigarróns de Verín, os Xenerais do Ulla, as Madamas e os Galáns de Cobres ou o Oso de Salcedo, entre outras. Esta mañá participaron nun obradoiro de caretas, no que recortaron, pintaron e decoraron as súas máscaras de Peliqueiros.

O sábado, os usuarios do centro de Baño actuarán no Concerto de Entroido, que terá lugar a partir das 21 horas no Auditorio. Cantarán algunhas cancións ensaiadas no obradoiro de musicoterapia que imparte Antonio Bravo no CODI, compartindo escenario do Coro Infantil, a Banda Peque e o alumnado de Música e Movemento e Linguaxe Musical da Escola Municipal de Música.

A vindeira semana continúan as actividades no CODI. O luns cun desprazamento a Caldas de Reis para ir ao cine e o martes cun obradoiro de postres de Entroido no que os usuarios farán filloas e orellas.

codi2 codi3  

codi5

 

Volver