Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Santa Claus achegouse ao CRA e á Escola Infantil Municipal, onde saúdou aos máis pequerrechos

- Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados polos seus paxes, estiveron nos colexios de Baño e Cordeiro

Reis2020 1

Valga, 22 de decembro de 2020.

Os nenos dos centros educativos de Valga recibiron hoxe unhas visitas moi especiais. Coincidindo co último día de clase antes das vacacións de Nadal, Papá Noel e os Reis Magos non quixeron faltar á súa cita cos rapaces valgueses para recoller as súas últimas cartas e enchelos de ilusión nunhas festas moi diferentes ao habitual debido á pandemia.

Os Magos de Oriente e Santa Claus repartíronse o traballo e acudiron a diferentes centros escolares. Papá Noel percorreu as escolas unitarias do CRA de Valga en Campaña, Forno, Chenlo, Xanza, Vilarello e Ferreirós. Cargando co seu saco e anunciando a súa chegada cunha campaíña, escoitou algúns dos regalos que os nenos queren que lles deixe baixo a chimenea en Noiteboa: coches, castelos, dinosaurios e outros moitos.

A continuación, Papá Noel dirixiuse á Escola Infantil Municipal onde compartiu tamén uns minutos cos máis pequerrechos e os seus mestres, que os recibiron con caras de ledicia e ilusión.

Pola súa parte, os Reis Magos acudiron aos colexios Baño-Xanza e Xesús Ferro Couselo. Fixérono acompañados polos seus paxes e mantendo sempre as oportunas medidas de seguridade. Os alumnos, algúns lucindo gorros, diademas e outros complementos de Nadal, foron saíndo por aulas e saúdaron a Melchor, Gaspar e Baltasar dende a distancia. Tamén puideron introducir as súas cartas no Buzón Real para recibir, o 6 de xaneiro, os seus regalos favoritos.

Durante a súa estadía en Valga, os Magos de Oriente tamén aproveitaron para saúdar aos usuarios do Centro de Día, que saíron ao balcón do Auditorio ao seu paso por Ferreirós.

Reis2020 2 Reis2020 3

Reis2020 4 Reis2020 5

Reis2020 6 Reis2020 7

Reis2020 8 Reis2020 9

PN2020 1 PN2020 2 

PN2020 3 PN2020 4

PN2020 5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver