- Os aprendices abordaron algúns dos principais problemas medioambientais aplicados aos oficios de albanelería e forestais
- Dezaseis mozos desempregados participan neste proxecto formativo, cunha duración dun ano
Valga, 17 de decembro de 2020.
O alumnado do Obradoiro de Emprego "Xovenes" asistiu no últimos días a un módulo sobre Sensibilización Ambiental como parte da formación complementaria aos oficios que van a aprender durante os doce meses de duración do proxecto formativo: os de albanelería e forestal.
O módulo ten unha duración de nove horas e foi impartido polo experto docente da especialidade de forestais, Manuel Fernández. O obxectivo é introducir aos alumnos no coñecemento dos principais problemas medioambientais, tanto a nivel xeral como no ámbito laboral, e a súa aplicación nas especialidades de albanelería e forestais a través do desenvolvemento de boas prácticas ambientais.
Durante as sesións fíxose especial fincapé en asuntos como a contaminación, os vertidos, o tratamento de residuos, a compostaxe, o desenvolvemento sostible, a deforestación e a desertización, entre outros. Os participantes tamén realizaron prácticas de detección dos principais problemas medioambientais aplicados ás especialidades formativas do obradoiro.
O Obradoiro de Emprego “Xóvenes”, promovido polos Concellos de Valga e Moraña e cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, deu comezo o pasado 16 de novembro e nel participan 16 mozos de entre 18 e 30 anos. Ademais da formación teórica, os realizarán prácticas consistentes en obras de interese público.
As obras de forestais que están proxectadas en Valga inclúen o acondicionamento de tramos do Camiño Portugués e de diferentes espazos verdes e áreas de lecer do municipio coma o Parque Irmáns Dios Mosquera, Mina Mercedes, Mina Porto Piñeiro ou o Miradoiro de Beiro, entre outros.
No tocante á especialidade de albanelería, levaranse a cabo obras de mellora en instalacións e recintos municipais coma as pistas deportivas de Beiro, o pavillón municipal de Beiro ou o vello campo de fútbol de Baño.