- Os baños estreáronse o pasado domingo, coincidindo coa inauguración do nacemento
- Son accesibles a están adaptados para persoas con mobilidade reducida
Valga, 10 de decembro de 2020.
O Belén Artesanal en Movemento estreou o pasado domingo, coincidindo coa súa inauguración, uns novos aseos que foron acondicionados polo Concello.
Os baños atópanse na parte traseira do edificio do Belén e ocupan un local que se habilitou no seu día a través dun Obradoiro de Emprego. Nas últimas semanas, persoal contratado polo Concello, executou obras de acondicionamento destas dependencias, que se dividen en dous aseos, un para mulleres e outro para homes. Ambos están adaptados para persoas con mobilidade reducida.
Os traballos consistiron na mellora do acceso coa construción dunha rampa, e no solado do piso e alicatado das paredes mediante a colocación de baldosas e azulexos. Por último, instaláronse os inodoros e lavabos, así coma outros elementos que completan os aseos: espellos, dispensadores de papel e papeleiras.
Estes novos aseos públicos están a disposición dos visitantes do Belén Artesanal e tamén dos usuarios das instalacións deportivas municipais de Campaña.