- A aportación enmárcase nas medidas de protección ante a Covid-19 promovidas polas autoridades sanitarias
- Este material estase a distribuír entre os concellos con menos de 20.000 habitantes
Valga, 10 de decembro de 2020.
O Concello de Valga recibiu esta semana un lote composto por 1.200 mascarillas cirúrxicas de protección ante o coronavirus.
O material é aportado polo Goberno Central e a Federación Española de Municipios e Provincias (Femp) a os concellos de menos de 20.000 habitantes, como unha medida para facer fronte á crise sanitaria provocada pola Covid-19.
Do reparto das mascarillas entre os concellos da provincia de Pontevedra estase a encargar a Deputación Provincial.