Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade correrá a cargo da intérprete Leni Pérez e o músico Roberto Comesaña

- A entrada é gratuíta, aínda que co aforo do Auditorio limitado a 60 persoas

CantaresConcerto

Valga, 9 de decembro de 2020.

 O Auditorio Municipal acollerá vindeiro 18 de decembro unha nova actividade cultural: o concerto “Cantares. Tradición oral no Camiño Portugués”. A intérprete Leni Pérez e o músico Roberto Comesaña ofrecerán un percorrido por esta ruta Xacobea que discorre por Valga, recollendo parte do patrimonio musical das súas comarcas, vilas e aldeas: cantares propios da tradición oral que Leni Pérez se encargou de seleccionar.

Esta folclorista leva recompilando pezas da tradición oral de Galicia dende finais dos anos 80, contando cun amplo arquivo privado e dando clases de cantares dende fai tres décadas. Na actualidade dirixe nove escolas no sur de Pontevedra. Durante once anos traballou no programa “Luar”, da Televisión de Galicia, en apartados relacionados co folclore e actualmente forma parte do programa “Larpeiros” onde tamén pon a nota musical. Roberto Comesaña, pola súa parte, é acordeonista profesional e mestre, cunha ampla traxectoria acompañando a músicos da talla de Leilía ou Cristina Pato.

O repertorio que interpretarán no Auditorio constará dunha escolma de 15 temas, cunha duración aproximada de 80 minutos. Haberá cantos sobre o ciclo da vida, historias e romances, xotas, muiñeiras e tamén Cantos de Nadal, entre outros.

A entrada ao concerto, que dará comezo ás 18:00 horas, é gratuíta. Debido ás restricións sanitarias o aforo estará limitado a 60 persoas-.

A actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística.

Cantares copia

Volver