Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As actuacións, que contarán tamén co alumnado de Música e Movemento e Linguaxe Musical, comezarán ás 21 horas

- A dirección da Escola de Música pide aos rapaces e familias que acudan disfrazados e que leven orellas e filloas

 

Valga, 6 de febreiro de 2018.

O Auditorio Municipal acolle o sábado un Concerto de Entroido que contará coa participación de distintas agrupacións da Escola de Música e tamén dos usuarios do CODI.

As actuacións darán comezo ás 21 horas e correrán a cargo do alumnado de Música e Movemento e Linguaxe Musical, dirixidos polo mestre Tomás Rábanos. Tamén subirán ao escenario o Coro Infantil e os usuarios do CODI que participan no obradoiro de Musicoterapia impartido por Antonio Bravo. A Banda Peque será a encargada de pechar o concerto. A entrada é de balde para todo o público.

A dirección da Escola de Música informa que tanto os rapaces como as familias poden acudir disfrazados ao evento e, ademais, poden levar orellas, filloas e outros doces para continuar celebrando o Entroido unha vez rematadas as actuacións.

Volver