Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O goberno municipal xestionou ante a Xunta unha aportación de case 50.000 euros para estas obras

- Tamén se pavimentará un dos accesos ao recinto educativo

PistasBaño0

Valga, 4 de decembro de 2020.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional está a executar unha nova actuación no recinto do CEIP Baño-Xanza: a mellora das pistas deportivas.

O goberno municipal realizou nas últimas semanas xestións ante a administración autonómica para conseguir o financiamento necesario para estas obras, que afectan ás tres pistas de xogo coas que conta o colexio e que se atopaban moi deterioradas. O investimento achégase aos 50.000 euros.

A actuación inclúe, ademais, a pavimentación dun dos accesos ao recinto educativo. Trátase da entrada máis próxima á Escola Infantil, que se está a utilizar dende o comezo deste curso para evitar aglomeracións ao comezo e ao remate da xornada lectiva. Este acceso é de terra e pavimentarase cunha capa de formigón.

Con estas obras complétase o proxecto de reforma integral do colexio, no que a Consellería de Educación acaba de investir case 800.000 euros.

PistasBaño1 PistasBaño2

PistasBaño3

Volver