Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Elaboraron unha pancarta co decálogo do bo trato ás persoas con diversidade funcional

- A campaña incluíu a gravación do vídeo “Hora de elixir”, a prol da inclusión

SemanaDiscapacidade2020 1

Valga, 3 de decembro de 2020.

O Centro Ocupacional para persoas con discapacidade celebrou durante os últimos días actividades culturais e lúdicas con motivo do Día Internacional das persoas con discapacidade, que se conmemora hoxe, 3 de decembro.

Como é habitual cada ano, o persoal do CODI organizou unha semana de actividades para que os usuarios gozasen dunhas xornadas diferentes, reivindicando ao mesmo tempo a plena inclusión das persoas con diversidade funcional.

Os usuarios do centro de Baño participaron en varias saídas para coñecer o seu entorno máis próximo. Achegáronse a lugares coma o Miradoiro de Beiro nos que realizaron xogos multisensoriais. Outra das actividades foi a visualización de dúas películas para fomentar a reflexión e a concienciación sobre o mundo da discapacidade: “No me pidas que te bese, porque te besaré” e “Las llaves de casa”.

Elaboraron tamén unha pancarta conmemorativa do día 3 de decembro co decálogo do bo trato ás persoas con discapacidade e colgárona ás portas do CODI.

Unha das principais actividades desta campaña foi a gravación do vídeo “Hora de elixir”, unha adaptación da canción “Vivir”, de Rozalén, a prol da diversidade e da inclusión. O spot contou coa colaboración da Escola de Müsica Municipal e financiouse a través dunha axuda da Deputación.

As actividades pecháronse cunha sesión de música e karaoke e unha merenda de todos os usuarios, así coma un obradoiro de novas tecnoloxías no que buscaron a personaxes importantes con discapacidade para reflexionar sobre os seus logros.

         SemanaDiscapacidade2020 2                       SemanaDiscapacidade2020 3

SemanaDiscapacidade2020 1 SemanaDiscapacidade2020 4

Volver