Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As probas fanse a pacientes con síntomas compatibles coa Covid-19 e que foran previamente valorados polo seu médico de cabeceira

- Para reducir o nivel de contaxios é importante a responsabilidade individual, respetando as medidas de prevención e evitando o contacto social e as reunións

CarpaCentroSaúde1

Valga, 2 de decembro de 2020.

O Concello de Valga instalou nos exteriores do Centro de Saúde unha carpa para a realización de test de antíxenos cos que avanzar na detección precoz da Covid-19 e tratar de reducir o número de contaxios no municipio.

A carpa foi colocada durante a pasada semana e o venres o persoal do Centro Médico comezou a facer as probas entre pacientes con síntomas compatibles co coronavirus. Grazas a esta estrutura os test poden realizarse no exterior, cunha ventilación axeitada e sen que o paciente baixe do seu vehículo, gañando en seguridade e en hixiene.

Os test unicamente se realizan a persoas que foran previamente valoradas e citadas polo seu médico de cabeceira. Trátase de probas rápidas cuxos resultados se coñecen en aproximadamente 20 minutos. Isto permite que o rastrexo de contactos, en caso de contaxio, se inicie con máis celeridade.

En caso de que o resultado sexa negativo, o paciente ten que seguir cumprindo unhas medidas de prevención, coma unha correcta hixiene de mans, manter sempre a distancia social e non asistir a reunións nin celebracións.

O nivel de contaxios no municipio segue a ser preocupante, polo que dende o Concello volve a facerse un chamamento á responsabilidade e á precaución por parte da poboación, evitando comportamentos que nos poidan poñer en risco a nós e aos demais.

Neste sentido, o goberno local lembra algunhas das medidas sanitarias que están en vigor e que son de obrigado cumprimento para toda a poboación:

- A mobilidade está restrinxida entre as 23:00 e as 6:00 horas

- As reunións están limitadas a un máximo de 6 persoas non conviventes

- Están prohibidas as festas

- O aforo nos establecementos comerciais e de hostalería está limitado ao 50%, nas terrazas ao 75% e está prohibido o consumo en barra nos bares

- Nas cafeterías, bares e restaurantes (tanto no interior coma nas terrazas) só está permitido sacar a mascarilla no momento de consumir, podendo ser sancionados tanto o cliente coma o hostaleiro

CarpaCentroSaúde2

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver