Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Incluíu obradoiros e actividades lúdicas adaptadas a todas as idades

- As campaña aborda cuestións coma os estereotipos de xénero, a igualdade ou os micromachismos

AgresionsOff1

Valga, 27 de novembro de 2020.

O Auditorio Municipal recibiu esta tarde o stand da campaña “Agresión Off. Eu digo non á violencia sexual”, como parte das actividades organizadas pola Concellería de Igualdade con motivo da conmemoración do 25-N, Día Internacional para eliminación da violencia contra a muller.

“Agresión Off” é unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade que está a percorrer distintas localidades de Galicia para concienciar á poboación en contra do sexismo e da violencia. Os usuarios do Auditorio e demais persoas que se achegaron ao stand puideron participar en varios obradoiros de sensibilización e actividades lúdicas adaptadas a diferentes idades.

Nestes talleres abordábanse cuestións coma o desmantelamento de estereotipos de xénero para contribuír a loitar contra o sexismo dende a infancia. Outros obradoiros trataban sobre os micromachismos, o amor e a parella, a igualdade, a autoestima e a relación entre violencia e novas tecnoloxías.

AgresionsOff2 AgresionsOff3

AgresionsOff4 AgresionsOff5

Volver