Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As persoas que queiran participar neste programa de envellecemento activo poden chamar ao teléfono 659 06 37 14

- O material para o desenvolvemento da actividade enviarase aos domicilios dos inscritos

ObradoiroMemoria

Valga, 13 de novembro de 2020.

O programa Campus Sénior, que organiza a Concellería de Benestar Social, pon en marcha un novo curso do obradoiro de memoria marcado pola pandemia. A situación sanitaria impide que haxa sesións presenciais, xa que as actividades diríxense a veciños maiores de 65 anos, que están consideradas persoas de risco ante a Covid-19.

O obxectivo deste programa é promover un envellecemento activo e contribuír a que as persoas maiores manteñan a súa mente activa dunha forma lúdica e creativa. O material enviarase aos domicilios dos participantes do curso pasado e, ademais, admítense novos inscritos, que poden apuntarse no departamento municipal de Servizos Socias ou chamando ao número de teléfono 659 06 37 14.

Este obradoiro inclúe exercicios de estimulación cognitiva, orientación á realidade e de reforzo da memoria a través de lecturas, adiviñas, sinxelas operacións matemáticas e outras actividades cotiás coma elaborar a lista da compra.

A Concellería de Benestar Social entende que é importante manter esta actividade, aínda que non sexa presencial, para tratar de contrarrestar os efectos das restricións impostas para conter a pandemia, que nos últimos meses limitaron as relacións sociais e as alternativas culturais e lúdicas da poboación e, en concreto, do colectivo de maiores.

 

Campus2021

Volver