Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Distribuíuse cartelería advertindo sobre as consecuencias do consumo desta droga

- Os profesionais da unidade ofrecen asesoramento sobre esta adicción

diasenalcohol

Valga, 13 de novembro de 2020.

O programa de prevención das drogodependencias e outras condutas adictivas que o Concello de Valga comparte con Dodro, Padrón e Rois ten en marcha a campaña de concienciación con motivo do Día Mundial sen alcohol que se conmemora o domingo, 15 de novembro.

A través desta acción a unidade de prevención trata de chegar a toda a poboación a través de cartelería, que foi distribuída nos catro concellos participantes e na que se advirte sobre os riscos e consecuencias do consumo desta droga depresora do sistema nervioso central, que afecta á capacidade de autocontrol e xera dependencia.

O consumo de alcohol é un factor causal en máis de duascentas enfermidades e trastornos como hipertensión arterial, disfuncións sexuais, cancro, depresión, cirrose hepática, demencia ou úlcera gastroduodenal, entre outras. Estímase o alcohol provoca máis de tres millóns de mortes ao ano, xa sexa debido a accidentes de tráfico, violencia e autolesións, coma tamén por trastornos dixestivos, enfermidades cardiovasculares e outras afeccións.

Esta droga xera unha carga sanitaria, social e económica considerable. E non só prexudica aos consumidores, senón tamén a outras moitas persoas: familiares, amigos ou compañeiros de traballo, por exemplo. Recoméndase o “consumo cero” entre colectivos como menores de 18 anos, mulleres embarazadas ou en período de lactancia, persoas que estean a tomar medicamentos, cando se van a conducir vehículos ou maquinaria e durante o horario laboral.

O obxectivo desta campaña é previr o abuso do alcohol, evitar que os máis mozos se inicien no seu consumo e axudar aos dependentes a rachar coa adicción. Neste sentido, o Programa de Prevención das Drogodependencias ofrece asesoramento ás persoas que o precisen. Poden dirixirse ao edificio de Servizos Sociais do Concello de Dodro (con cita previa) ou chamar aos números de teléfono 608 986 375 e 646 956 915.

CartelDíaSenAlcohol

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver