- Celébrase o día 18 de febreiro pola tarde nas inmediacións do Auditorio Municipal
- As inscricións poden realizarse o mesmo día do concurso a partir das 17 horas
Valga, 1 de febreiro de 2018.
O desfile de Entroido, que organiza a Concellería de Cultura e que terá lugar o vindeiro domingo 18 de febreiro, repartirá 2.155 premios entre os participantes: disfraces individuais, parellas e grupos ou comparsas. Serán un total de dezaseis os premios que se outorguen.
O concurso celebrarase nas inmediacións do Auditorio Municipal. As inscricións faranse o mesmo día do desfile a partir das cinco da tarde e despois, ás 17:30 horas, os participantes amosarán os seus disfraces nun pequeno percorrido por Ferreirós.
Os premios están dotados coas seguintes cantidades:
Adultos individuais:
- 1º Premio: 80 euros
- 2º Premio: 50 euros
Parellas de adultos:
- 1º Premio: 130 euros
- 2º Premio: 60 euros
Comparsas de adultos:
- 1º Premio: 800 euros
- 2º Premio: 500 euros
- 3º Premio: 150 euros
Infantís individuais:
- 1º Premio: 40 euros
- 2º Premio: 30 euros
- 3º Premio: 20 euros
- 4º Premio: 10 euros
Parellas infantís:
- 1º Premio: 50 euros
- 2º Premio: 30 euros
Comparsas infantís:
- 1º Premio: 75 euros
- 2º Premio: 30 euros
Ademais, o xurado outorgará un premio de 100 euros ao mellor disfraz dun veciño, parella ou grupo de Valga.