Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O triturado de restos de poda permitirá subministrar material estruturante para converter os residuos orgánicos en abono natural

- O orzamento é de 27.648’50 euros, cofinanciados entre o Concello e a Deputación

MaquinaTrituradora1

Valga, 10 de novembro de 2020.

O Concello sacou a licitación a subministración dunha máquina trituradora de residuos vexetais no marco do programa de implantación da compostaxe que se está a desenvolver en colaboración coa Deputación, o Plan Revitaliza.

O sistema de compostaxe que xa está en marcha no municipio a través da colocación de composteiros comunitarios e do reparto de composteiros individuais entre os veciños, preséntase como a alternativa máis eficaz e sostible para tratar os residuos orgánicos xerados nos fogares, que acaban convertidos en abono natural. Para o funcionamento óptimo deste proceso é necesaria a aportación de material estruturante procedente de restos triturados de poda sexa para que sexa depositado e mesturado cos restos orgánicos.

De aí que o Concello optase pola adquisición dunha máquina trituradora que, por una parte, permita cubrir as necesidades do sistema de compostaxe e subministrar estruturante aos veciños que participan e, por outra, tratar e valorizar “in situ” os residuos procedentes da poda ou limpezas forestais sen necesidade de recorrer a queimas.

Nos últimos meses leváronse a cabo varias demostracións de funcionamento destas máquinas trituradoras de biomasa co obxectivo de comprobar que modelo se adaptaba máis ás necesidades de Valga. En base a estas probas, a máquina que se subministre ao Concello debe ter capacidade para triturar ramas de calquera tipo de árbores, tanto sen follas coma con follas e tanto secas coma húmidas, con grosores de ata 15 centímetros. Ademais, a trituradora debe ir sobre un remolque con rodas homologado que permita o seu transporte legal por estrada con carné de tipo B.

O orzamento desta adquisición é de 27.648’50 euros, cofinanciados entre o Concello de Valga e a Deputación de Pontevedra, con cargo ás subvencións para a consolidación do Plan Revitaliza.

As empresas que queiran participar no proceso de licitación teñen de prazo ata o día 19 de novembro para presentar as súas ofertas de forma electrónica a través da Plataforma de Contratos de Galicia, e da súa ferramenta SILEX.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver