Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Mercedes Meniño, veciña de Pontecesures, foi a gañadora e recibiu o boleto agraciado en Talleres Zamora

- Os vales entregados nesta iniciativa de promoción do comercio local deben canxearse antes do 20 de decembro

MercaValgaOutubro

Valga, 9 de novembro de 2020.

Mercedes María Meniño Oliveira, veciña de Pontecesures, foi a gañadora do sorteo do mes de outubro de Merca-Valga. O número agraciado foi o coincidente co primeiro premio do sorteo da Lotería Nacional celebrado o 31 de outubro, o 6395, que a gañadora recibiu en Talleres Zamora, de O Forno (Cordeiro).

Neste establecemento mecánico tivo lugar esta mañá a entrega do premio: 500 euros en vales de compra para gastar nos comercios adheridos a Merca-Valga. Asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo.

Merca-Valga é unha iniciativa do Concello para incentivar as compras no comercio local e contribuír á reactivación da economía no municipio. Deu comezo no mes de xullo e continúa ata finais de novembro, con sorteos mensuais con premios de 500 euros.

Son 73 os establecementos participantes, entre eles bares e restaurantes, negocios de alimentación, salóns de peiteado e estilismo, farmacias, carpinterías, estancos, estudos de fotografía, ferraxerías, droguerías, florerías, talleres de automoción, tendas de moda e fogar, mercerías, panaderías e pastelerías, taxis, logopedias, consultorías, negocios de xardinería e produtos agrícolas, hoteis e establecementos deportivos, entre outros.

Ao realizar as súas compras, os clientes destes comercios reciben boletos numerados e o premio recae naquela papeleta que coincida coas catro últimas cifras do sorteo da Lotaría Nacional do último día de cada mes. O próximo e último sorteo desta edición de Merca-Valga terá lugar o 28 de novembro.

Os vales de compra teñen que canxearse antes do día 20 de decembro, tal e como establecen as bases.

MercaValgaOutubro2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver