- Na sesión nin se votou nin se aprobou a prórroga de ningún contrato

- A ampliación da relación laboral das dúas traballadoras cumple coas bases do programa “O teu primeiro emprego”, da Deputación

 

Valga, 6 de novembro de 2020.

O Concello de Valga fai pública a acta da sesión da Xunta de Goberno Local correspondente ao día 26 de maio de 2020 para demostrar que as acusacións do concelleiro das Mareas ao respecto da prórroga do contrato de dúas traballadoras municipais son mentira. Ademais, o propio edil solicitou ao Concello o pasado mércores unha copia desta acta a pesar de que reiteradamente e en público asegurou xa dispoñer desta documentación.

Na citada sesión non se aprobou a prórroga dos contratos. O que se levou ante a Xunta de Goberno foi un escrito das dúas bolseiras, contratadas a través do programa da Deputación Provincial “O teu primeiro emprego”. Neste escrito as dúas traballadoras solicitaban á Deputación que ampliara en tres meses a subvención para a súa contratación debido a que a declaración do Estado de Alarma e o conseguinte confinamento impediron o normal desempeño das súas funcións e que se acadara o obxectivo de reforzar a súa formación. Esta proposta, que foi dictaminada favorablemente, foi posteriormente rexeitada pola Deputación.

Polo tanto, queda claro que nesta Xunta de Goberno non se aprobou a prórroga do contrato das dúas traballadoras á que se refire o concelleiro das Mareas. Non tería sentido, ademais, xa que o contrato das bolseiras remataba no mes de setembro e a sesión da Xunta de Goberno á que fai referencia o señor Castiñeiras é de data de maio: catro meses antes. Como ía aprobarse unha prórroga con catro meses de antelación?

A ampliación dos contratos ata os dous anos foi aprobada posteriormente polo órgano correspondente, tal e como establecen as bases do programa “O teu primeiro emprego” elaboradas, aprobadas e divulgadas pola Deputación de Pontevedra. Estas bases recollen no punto 4.4 que “a súa duración (a dos contratos) non poderá ser inferior a seis meses nin exceder os dous anos. Se o contrato en prácticas se concertou por tempo inferior a dous anos poderanse acordar ata dúas prórrogas, cunha duración mínima de seis meses, sen exceder os dous anos en todo caso”. A prórroga en ningún caso foi aprobada pola Xunta de Goberno nin en presenza da concelleira de Educación nin do aparellador municipal, polo que é imposible que influíran no voto de ninguén.

O Concello decidiu facer pública a acta para evitar que o concelleiro das Mareas siga terxiversando e mentindo e para rematar cos constantes ataques persoais e profesionais aos que se están vendo sometidas estas dúas traballadoras, así como outros funcionarios e cargos do Concello. Non se está a cuestionar nin ao Partido Popular como partido nin a ningunha persoa como membro desta organización política, de aí que a plataforma apropiada para desmentir as falacias deste concelleiro sexan as canles das que dispón a administración municipal.

Aclarado o asunto, o goberno municipal non vai perder un minuto máis en responder ás ocurrencias deste concelleiro, senón que dende agora adicará plenamente o seu tempo a defender os intereses dos veciños e a xestionar, o mellor posible, os asuntos municipais.

ActaPrimeiroEmprego1

ActaPrimeiroEmprego2

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton tempo

Volver