Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A estrutura ten unha superficie duns 300 metros cadrados

- Antes da súa colocación os estudantes víanse obrigados a rotar para poder estar ao aire libre nos días de chuvia

carpaIES

Valga, 1 de novembro de 2020.

O Concello de Valga, no marco da súa política de colaboración cos centros educativos do municipio, vén de instalar unha carpa no IES de Valga para que todo o alumnado poida estar ao aire libre durante o tempo de recreo.

A estrutura acada os 300 metros cadrados de superficie e permite ao IES solucionar a problemática da falta de espazos exteriores cubertos. Antes da colocación da carpa “o alumnado víase na obriga de rotar para poder estar ao aire libre nos recreos en días de chuvia”, indica o director do instituto, Eliseu Mera. Agora todos os estudantes poden saír xuntos aos recreos cumprindo ao mesmo tempo o protocolo de prevención da Covid-19. Por iso a dirección do IES transmitiu ao Concello o seu agradecemento pola “súa xenerosidade e rapidez para a contratación e a montaxe desta estrutura”.

A pandemia e a situación de emerxencia sanitaria pola Covid-19 están a poñer de manifesto “a necesidade de contar cun espazo cuberto permanente” no IES de Valga, recalca o director. Para tratar de acadar esta mellora, o enxeñeiro e secretario do centro, Jesús López Silva, realizou un proxecto de estrutura metálica visado polo Colexio de Enxeñeiros Industriais e que xa foi presentado ante a Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra.

Volver