Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Terá lugar no Auditorio Municipal con entrada de balde para o público que queira asistir

- Interpretará, xunto a Marina Fernández, fragmentos de obras de Liszt

CSMCurso2021 7

Valga, 26 de outubro de 2020.

A música regresa ao Auditorio Municipal este mércores, 28 de outubro, da man dun concerto do ciclo “Peregrinos Musicais”, que leva a música clásica a localidades polas que transcorre o Camiño de Santiago.

A cita do mércores no Auditorio ten como protagonista á pianista Ilona Timchenko, mestra do Centro Superior de Música de Galicia, que ten sede en Valga. Estará acompañada por Marina Fernández e interpretarán un programa composto por obras de Liszt: fragmentos dos Anos de Peregrinaxe, Rapsodia Húngara nº 10 e Vals da ópera Fausto de Gounod)

Durante a súa traxectoria profesional, Ilona Timchenko ten actuado coa Orquestra da Capella Académica de San Petersburgo, la Filarmónica da Radio de Holanda, a Real Filharmonía de Flandes, a Orquestra Sinfónica de Grandada ou a Filharmónica de Galicia.

O concerto dará comezo ás 19:30 horas con entrada é gratuíta para o público, que debe empregar obrigatoriamente mascarilla e cumprir con todas as medidas sanitarias e de distanciamento social en vigor.

concierto Ilona

Volver