Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O obradoiro terá lugar este venres, día 23, ás 18 horas con entrada de balde

- É obrigatorio o uso da mascarilla e o cumprimento de todas as medidas hixiénicas e sanitarias

brincavai

Valga, 21 de outubro de 2020.

As actividades de promoción da lectura do programa “Ler conta moito” regresan este venres, día 23, ao Auditorio Municipal.

O músico Paco Nogueiras presenta o espectáculo "Brinca Vai!", baseado no libro-cd co mesmo título editado por Kalandraka e no que se combinan cancións, animacións e interpretacións con diferentes ritmos e rexistros. Unha sesión de música para toda a familia que axudará aos máis cativos a descubrir as diversas apariencias que ten a lectura.

O obradoiro dará comezo ás 18:00 horas con entrada de balde. Os asistentes terán que empregar obrigatoriamente mascarilla e cumprir con todas as medidas hixiénicas e sanitarias en vigor, coma o mantemento da distancia de seguridade.

Brinca Vai

Volver