Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os talleres, que se impartirán en novembro, tratan sobre creación de ideas de negocio e a mellora das habilidades sociais no voluntariado

- As persoas interesadas en participar deben contactar co coordinador dos obradoiros a través do teléfono 988 10 76 29 

banner cemit

Valga, 19 de outubro de 2020.

A Aula CeMIT de Valga ofrece novas actividades formativas dirixidas, nesta ocasión, a persoas voluntarias e a mozos emprendedores. Trátase de dous talleres organizados en colaboración coa Rede Araña, unha organización que traballa en favor da inserción sociolaboral de persoas desempregadas e, especialmente, de colectivos vulnerables.

A comezos do mes de novembro, os días 5 e 6 de 9:00 a 14:00 horas, impartirase o “Taller de mellora de habilitades sociais no voluntariado”, dirixido a persoas voluntarias que colaboren en entidades que atendan a colectivos en risco de exclusión social e/ou teñan problemas de adicións. A inscrición pode tramitarse a través da ligazón https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/34668 .

A outra actividade é un “Taller de creación de ideas de negocio”, destinado a mozos emprendedores de entre 18 e 35 anos coa tarxeta do Servizo Público de Emprego activa. Terá lugar o día 27 de novembro de 9:00 a 14:00 horas e os contidos formativos incluirán: fomentar a cultura emprendedora, creación de ideas empresariais, traballo en equipo e control emocional, entre outros. A inscrición está aberta a través da ligazón https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/34669 .

Para participar nestes obradoiros é preciso contactar co coordinador da actividade (Andrés) chamando ao teléfono 988 10 76 29 para realizar unha recompilación previa de datos.

Volver