Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Un maior número de operarios e o traballo en fins de semana e días festivos fixo máis notable o avance

- A Consellería de Educación inviste case 800.000 euros na rehabilitación do centro de Infantil e Primaria

CubertaColeBaño5

Valga, 16 de outubro de 2020.

A incorporación dunha nova empresa para reforzar a execución do proxecto de rehabilitación integral do colexio Baño-Xanza está a acelerar as obras que se levan a cabo no centro, no que a Consellería de Educación inviste case 800.000 euros.

Esta nova empresa encárgase da instalación da cuberta nos distintos edificios que forman parte do recinto escolar. O número de operarios que traballan na colocación do tellado é dende hai días maior que nas semanas anteriores e, en consecuencia, o avance dos traballos é tamén máis visible.

As tarefas lévanse a cabo fóra do horario escolar, para que non interfiran na actividade do centro e para garantir a seguridade do alumnado. En concreto, estas obras execútanse polas tardes, durante as fins de semana e incluso en xornadas festivas coma a do pasado luns.

No que respecta á actividade educativa, as clases desenvólvense na planta baixa do colexio, que quedou libre de obras a finais de setembro, permitindo así o inicio do curso.

CubertaColeBaño3 CubertaColeBaño5

         CubertaColeBaño2                       CubertaColeBaño4

Volver