Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Auditorio acolleu o acto de apertura do curso 2020-2021

- O alcalde anunciou unha nova inversión o equipamento e a visibilidade no Auditorio

CSMCurso2021 1

Valga, 10 de outubro de 2020.

O Centro Superior de Música de Galicia (CSM Galicia) con sede no Auditorio de Valga celebrou onte o acto de apertura do curso 2020-2021, ao que asistiron, en representación do Concello, o alcalde, José María Bello Maneiro, e as concelleiras Carmen Gómez, Malena Isorna e Begoña Piñeiro.

O centro, que se inaugurou no outono de 2019, pechou o seu primeiro curso con cinco licenciados e conta, nesta nova temporada, con 57 alumnos activos, algúns procedentes de Madrid, Barcelona, Alicante Valencia e incluso de fóra de España. Ao seu claustro de profesores, recoñecidos nacional e internacionalmente, sumaranse este ano de novo grandes personalidades do mundo da música que impartirán masterclass no CSM. Entre as máis inmediatas atópanse as de Carlos Álvarez, un dos barítonos máis recoñecidos a nivel mundial, a pianista internacional Judith Jáuregui, a violonchelista Lina Leijana e varios solistas da Orquestra Filharmónima de Múnich.

“Valga é referencia a nivel musical”, destacou o alcalde na súa intervención. “Este proxecto ilusionounos dende o principio e seguiremos apoiándoo dentro das nosas posibilidades porque os resultados do primeiro curso demostran que, aínda que novo, este é un centro serio e cun profesorado recoñecido, o que fai que o número de alumnos vaia en aumento”. Bello Maneiro aproveitou para anunciar un próximo investimento no Auditorio para dotalo de novo equipamento e mellorar a visibilidade na parte superior. O Concello conta cunha subvención da Xunta de Galicia para financiar esta actuación.

En representación do centro tomaron a palabra os dous directores, Manuel Villar e Pere Molina. Villar Touceda manifestou o seu convencemento de que o proxecto do Centro Superior chegará lonxe grazas á confianza crecente do alumnado e ao prestixio do seu profesorado. Pere Molina lembrou as circunstancias tan especiais que fixeron do pasado curso todo un reto, coa pandemia da Covid-19 que obrigou a reformular a actividade docente substituíndo as clases presenciais por sesións telemáticas.

O acto, que foi presentado por Héctor Bermúdez, contou coas actuacións de Javier Morgade (profesor de clarinete e xefe de estudos do CSM Galicia), Paula Gago (mestra de piano), Adrián Pais (profesor de saxofón) e Ilona Timchenko (mestra do departamento de piano).

CSMCurso2021 2 CSMCurso2021 3

CSMCurso2021 4 CSMCurso2021 5

CSMCurso2021 6 CSMCurso2021 7

Volver