- Os participantes recibirán información sobre os distintos mecanismos dos que dispoñen para buscar emprego a través de internet
- A actividade é gratuíta e para participar é preciso chamar ao teléfono 988 10 76 29
Valga, 8 de outubro de 2020.
A Aula CeMIT ten programado para comezos do mes de novembro un taller de competencias dixitais orientadas á mellora da empregabilidade para o que xa está aberta a inscrición.
Neste obradoiro poden participar persoas desempregadas coa tarxeta do Servizo Público de Emprego activa. As sesións desenvolveranse entre os días 6 e 12 de novembro en horario de 9:30 a 13:30 horas e explicaranse algúns dos mecanismos que as persoas paradas teñen á súa disposición para a busca de emprego a través de internet.
Para participar é preciso inscribirse a través da ligazón https://cemit.xunta.gal/actividade/34646 e contactar co coordinador da actividade (Andrés) chamando ao teléfono 988 10 76 29. Os contidos formativos dos que constará o obradoiro son:
- Taller de competencias dixitais avanzadas orientadas á mellora da empregabilidade de 15 horas de duración (web 2.0, blogs orientados e redes sociais orientados á mellora da empregabilidade e E-recruiting).
- Taller de 5 horas de duración para perfeccionar as habilidades sociais de cara á realización dunha entrevista de traballo.
- Servizo de intermediación laboral para que os participantes poidan acceder a procesos de selección nunha rede de contactos do tecido empresarial.