Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O valgués David Castiñeiras expón dende mañá e ata o día 21 unha colección de debuxos

- O desfile de disfraces terá lugar o día 18 a partir das 17 horas

Auditorio

Valga, 31 de xaneiro de 2018.

O Auditorio Municipal ten xa pechada a programación para o mes de febreiro, que comeza mañá xoves co Contacontos pola Paz “Un barco no ceo”, a historia dunha arca voadora que percorre o planeta salvando ás vítimas da violencia, da guerra e dos desastres medioambientais. A actividade comezará ás 17:30 horas con entrada de balde para todas as persoas que queiran asisitir.

Os festivais e actividades de Entroido abriranse oco a partir do venres, día 9. Nesa xornada o Auditorio albergará pola mañá o festival do Centro Rural Agrupado e, ás 16:30 horas, o da Escola Infantil Municipal. Ademais, a partir das 1/:30 horas os nenos poderán participar a un obradoiro de confección caretas.

O sábado día 10, a partir das 21 horas, celebrarase o Concerto de Entroido no que actuará o alumnado de Música e Movemento e Linguaxe Musical da Escola Municipal de Música, baixo a dirección do Tomás Rábanos e acompañados tamén por usuarios do CODI que participan no obradoiro de Musicoterapia impartido por Antonio Bravo. O desfile de Entroido terá lugar o día 18 a partir das cinco da tarde.

Para o 15 de febreiro, xoves, está programada unha Xornada sobre o empoderamento da muller, no que participarán alumnas de centros educativos de Valga e doutras localidades da contorna. Está organizada por “Women who walk the world”, unha organización sen ánimo de lucro que promove actividades de orienciación, apoio, asesoramento e fomento dos valores das nenas, adolescentes e mulleres tanto a nivel nacional como internacional.

O día 22 a partir das 18:30 horas os máis pequenos poderán divertirse co espectáculo infantil “Boriska”, con música, baile e personaxes de debuxos. A entrada, que pode adquirirse o mesmo día da función no Auditorio e ten un prezo de 5 euros por persoa.

A fin de semana do 24 e 25 de febreiro terá lugar a XII Exposición da Camelia Bella Otero, organizada pola asociación de Mulleres Rurais Albor e que contará coa participación de viveiristas e afeccionados chegados dende distintos puntos de Galicia e de Portugal e tamén de asociacións, colexios e veciños de Valga. Abrirá ao público ás 13 horas do sábado. Con anterioridade, a partir das dez da mañá, terá lugar a recepción dos participantes. A inauguración oficial está prevista para as 18:30 horas co acompañamento de “Música entre camelias” a cargo da Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro e de solistas da Escola Municipal de Música. Durante a xornada do domingo, a mostra permancerá aberta ao público entre as 11 e as 20 horas.

O mesmo sábado 24, ás 21 horas, haberá un novo concerto do ciclo “Música coas nosas bandas”, neste caso a cargo da Banda Xuvenil Unión Musical de Ponte Ledesma, dirixida por Mario Rodríguez Varela.

Durante as tres primeiras semanas de xaneiro, dende mañá e ata o día 21, poderá verse na sala de exposicións do Auditorio a mostra “Máis que un lapis”, con debuxos do valgués David Castiñeiras Jamardo.

 programacionweb

  Lapis

 

cartel Otero

Volver