Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Executaron traballos de limpeza, desbroce e podas de saneamento

- Dende o comezo do proxecto actuaron tamén no Parque Irmáns Dios, en Igrexa Vella e en Beiro

ObradoiroMinaMrer1

Valga, 5 de outubro de 2020.

O alumnado do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia IV continúa realizando os traballos prácticos previstos no proxecto. Unha das actuacións máis recentes levouse a cabo na Mina Mercedes, onde os aprendices da especialidade de forestais realizaron tarefas de acondicionamento.

Os aprendices executaron traballos de limpeza e mantemento en toda a contorna da lagoa, tanto con medios manuais coma mecánicos, mediante rozadoras. Ademais, tamén realizaron podas de saneamento.

Dende o comezo do Obradoiro, o módulo de forestais xa executou obras en espazos públicos de Valga coma o Parque Irmáns Dios Mosquera, o xacemento arqueolóxico Igrexa Vella, na área fluvial de Vilarello e no miradoiro dos Muíños de Vento de Beiro, entre outros.

Estes traballos prácticos compaxínanse con sesións teóricas para acadar unha formación integral dos participantes que lles facilite a súa inserción no mercado laboral.

ObradoiroMinaMrer2 ObradoiroMinaMrer3

Volver