Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A exposición de pintura pode verse durante todo o mes de outubro

- Cadros con imaxes de culto comparten protagonismo con retratos de anciáns

TinoSanchez1

Valga, 5 de outubro de 2020.

O artista padronés Agustín Sánchez Mallo, máis coñecido como Tino, expón dende comezos deste mes no Auditorio Municipal “Entre crenzas e vida”.

A mostra pictórica, de temática relixiosa, está composta por cadros realizados en acrílico sobre lenzo. Parte deles representan imaxes sagradas ou de culto coma a Virxe de Belén, Santa Tareixa de Xesús ou Abraham, entre outras. Estas mistúranse con retratos de persoas maiores ás que o autor quere render homenaxe coma sinónimo de vida.

Tino Sánchez é, dende pequeno, un gran afeccionado á pintura. Estudou Belas Artes na Escola Mestre Mateo de Santiago, onde aprendeu as técnicas pictóricas. Ten participado en concursos e non adoita facer exposicións, senón que traballa por encarga. De feito, a maioría dos cadros que poden verse no Auditorio foron realizados baixo pedido.

A exposición permanecerá aberta ao público ata finais de outubro.

TinoSanchez2 TinoSanchez3

TinoSanchez4          TinoSanchez5

TinoSanchez6

Volver