Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Terá lugar o xoves o Auditorio e relata a historia dunha arca voadora que percorre o planeta salvando ás vítimas da violencia

- Os colexios de Valga e o Centro de Día realizaron durante esta mañá accións didácticas e reivindicativas

pazem

Valga, 30 de xaneiro de 2018.

O Concello de Valga súmase ás conmemoracións polo Día da Paz e da Non Violencia programando para este xoves, 1 de febreiro, o contacontos “Un barco no ceo”, a historia dunha arca voadora que percorre o planeta salvando ás vítimas da violencia, da guerra e dos desastres medioambientais e coa que se quere trasladar aos nenos a idea dun mundo mellor, no que valores como a amizade e a solidariedade superen á violencia e ás desigualdades.

O barco voador simboliza liberdade e os seus tripulantes realizan todo tipo de accións para axudar a vítimas en situación de perigo e que levan a reflexionar sobre os conflitos bélicos, a discriminación ou a contaminación. O Contacontos pola Paz comezará ás 17:30 horas con entrada de balde para todos os nenos e maiores que queiran asistir.

Durante esta mañá, o Día da Paz foi celebrado polos centros educativos de Valga con distintas accións reivindicativas e actividades didácticas. Un exemplo foi a Escola Infantil Municipal, na que o alumnado e o persoal docente pintaron as mans de branco para reclamar un mundo sen violencia. A entrada da escola foi decorada con varios muráis con debuxos de pombas, o símbolo da paz, frases evocadoras escritas por familiares dos alumnos e lemas como “La paz comienza con una sonrisa”, da Premio Nobel da Paz Teresa de Calcuta.

Tamén o Centro de Día de Valga se sumou ás actividades conmemorativas deste día. Os seus usuarios e o persoal empregaron flores para debuxar con grandes letras a palabra “Paz”.

pazcd pazem2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver