- A primeira sesión terá lugar o próximo martes, día 29, no CODI a partir das 17 horas
- As actividades e o horario serán adaptados á demanda das participantes
Valga, 26 de setembro de 2020.
O CODI alberga a partir do próximo martes o obradoiro "Muller e participación", unha proposta para o diálogo e o desenvolvemento do benestar entre mulleres con participación aberta a todas as veciñas de Valga.
A actividade, promovida pola Concellería de Igualdade e Benestar Social, consistirá na xuntanza dun grupo de mulleres como un lugar de encontro e expresión en torno a asuntos e temáticas que sexan do seu interese. Non haberá unha actividade fixa, senón que se determinarán en función das demandas das participantes, ao igual que o horario, que será flexible.
A primeira sesión terá lugar o martes, día 29, no CODI a partir das 17 horas.
O obradoiro é subvencionado pola Deputación Provincial.