Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os alumnos inscritos recibiron durante tres xornadas atención personalizada e formación intensiva, traballando coa obra “Noneto en Fa Mayor” de Franz Lachner

- A actividade retomarase no mes de abril, entre os días 27 e 29, co terceiro e último encontro

curso3

Valga, 29 de xaneiro de 2018.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e as concelleiras Ramona Otero e Begoña Piñeiro, participaron na tarde de onte na clausura do segundo encontro do curso de dirección musical que impartiron durante a fin de semana no Auditorio Municipal Manuel Villar Touceda, director da Escola de Música e Banda Municipal de Valga, e Pere Molina González, director titular e artístico da Orquestra de Cámara de Valencia. A actividade, que continuará no mes de abril, é organizada pola Escola Municipal de Música, o Concello de Valga e a asociación Musival.

Os responsables municipais e os dous mestres entregaron os diplomas aos cinco alumnos inscritos, aos que animaron a continuar coa súa formación. “Estamos encantados de que vos formedes aquí e esperamos que un día, cando esteades consolidados como directores, lembredes o produtivo que foi para a vosa carreira este curso recibido en Valga”, díxolles o alcalde.

Dende o venres e ata onte domingo, os participantes traballaron coa obra “Noneto en Fa Mayor”, de Franz Lachner. O plan de traballo incluíu técnica e didáctica da dirección, análise e estudo do repertorio, orquestración, psicoloxía da dirección e práctica e ensaios coa agrupación residente Camerata Arven.

Tamén trataron cuestións como a preparación mental e física do director ou as técnicas xestuais. Na mañá do sábado Mar Durán, doutora en Psicopedagoxía e profesora de Psicoloxía Social na Universidade de Santiago, impartiu unha charla sobre o liderado do director de orquestra e a súa relación cos músicos.

O curso de dirección retomarase no mes de abril, entre os días 27 e 29, co terceiro e último encontro no que os participantes traballarán coa obra “IV Sinfonía” de Gustav Mahler.

Máis fotos: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.212667092615085.1073741953.131969484018180&type=1&l=61b514e5de

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver