- A xuntanza terá lugar o luns ás 20 horas no Auditorio Municipal
- Trataranse asuntos relativos ao comezo do curso escolar no centro
Valga, 10 de setembro de 2020.
O goberno municipal convoca a unha reunión ás familias do alumnado co CEIP Plurilingüe Baño-Xanza. A xuntanza terá lugar o vindeiro luns, 14 de setembro, a partir das 20 horas no Auditorio Municipal.
A súa convocatoria decidiuse logo de celebrarse, esta mañá no Concello, outro encontro con representantes da Asociación de Pais de Alumnos. En concreto, asistiron a presidenta e outros dous membros da directiva da Anpa, que estiveron reunidos co alcalde e coa concelleira de Educación.
Á xuntanza do luns poden asistir pais con fillos matriculados no colexio Baño-Xanza. Por motivos de aforo e para garantir o cumprimento das medidas hixiénicas e sanitarias anti-Covid, pídese que só asista un pai por cada neno.
Os asuntos a tratar estarán relacionados co inicio do curso escolar no centro.