- Uns cincuenta membros da agrupación desprazaranse á vila ourensá
- As actuacións enmárcanse no programa cultural das Festas do Cristo
Valga, 9 de setembro de 2020.
A Banda de Música Municipal de Valga ten programada para o vindeiro luns, 14 de setembro, unha xornada con varias actuacións no municipio do Barco de Valdeorras.
O luns, festivo local na vila ourensá, é un dos días grandes das Festas do Cristo e a Banda de Valga protagonizará un completo programa musical dende a mañá ata última hora da tarde.
A agrupación dirixida por Manuel Villar Touceda desprazará ao Barco de Valdeorras a uns cincuenta integrantes que, a partir das 11:30 horas, realizarán un pasarrúas para anunciar a xornada de celebración. Posteriormente, ofrecerán dous concertos. O primeiro, a partir das 13:30 horas, e o pola tarde volverán a actuar ás 19:00.
O repertorio estará composto por temas populares galegos e pasodobres, entre outros.