Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Acudiron os responsables do CEP Ferro Couselo, CEIP Baño-Xanza e do CRA de Valga

- Tratáronse cuestións relativas á volta ás aulas, que estará marcada pola situación sanitaria

Reunióndirectorescoles1

Valga, 5 de setembro de 2020.

Os directores dos colexios de Valga participaron nunha xuntanza convocada polo Concello para coordinar o próximo inicio do curso escolar 2020-2021 no que respecta ás etapas de Infantil e Primaria.

Como representantes municipais asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez, mentras que por parte dos centros estiveron presentes Miguel Fernández, Eva Zumalave e Adrián Baloira, directores do CEP Xesús Ferro Couselo, CEIP Baño-Xanza e CRA de Valga, respectivamente.

A reunión tivo como obxectivo organizar a volta ás aulas, prevista para a semana que vén, e analizar algunhas das medidas que se implantarán nos colexios durante este curso, que estará marcado pola situación sanitaria a consecuencia da pandemia do coronavirus.

Volver