Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Concello xa conta coa autorización de Augas de Galicia para a posta en marcha das instalacións

- A infraestrutura era moi demandada polos veciños, que xa tiñan instalada a rede de saneamento

EDARCernadas1

Valga, 31 de agosto de 2020.

A nova estación depuradora de augas residuais das Cernadas entrou en servizo, unha vez que o Concello xa conta coa autorización de Augas de Galicia para a súa posta en funcionamento.

A EDAR dará servizo aos lugares das Cernadas e Casaldeirigo, ambos na parroquia de Setecoros. As augas residuais domésticas procedentes destes dous núcleos serán tratadas nun sistema de depuración deseñado para 450 habitantes equivalentes.

Esta infraestrutura é moi agardada polos veciños posto que na zona xa leva tempo instalada a rede de saneamento. Sen embargo non podía ofrecerse o servizo ata contar coa depuradora. As obras enmarcáronse nun proxecto máis amplo de mellora do alcantarillado nas parroquias de Cordeiro, Xanza, Valga e Setecoros e saíron adiante non sen dificultades debido a problemas co primeiro adxudicatario. O contratista abandonou as obras, o que obrigou ao Concello a ter que contratalas de novo a outra empresa.

A EDAR consta dos seguintes elementos: un pozo de auga de entrada bruta, arqueta con reixa de desbaste, decantador-dixestor primario, arqueta para separación de graxas, pozo de acumulación de graxas, arqueta con peneira para limpeza manual, cámara de descarga, pozo recheo con plásticos para leito bacteriano, clarificador secundario e arqueta de toma de mostras.

EDARCernadas2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver